PARA PARTICIPAR:

Primeiro paso: escolle unha imaxe

Selecciona a imaxe que desexas utilizar, que pode ser unha das miles de imaxes que se usan frecuentemente para a elaboración de memes, ben unha foto propia.
Existen plataformas como MemeGen e Memegenerator onde poder conseguir este tipo de imaxes, mais tamén estamos a recopilar un listado dos máis comunmente utilizados.

Segundo paso: engade un texto

Agregar un texto utilizando algunha das plataformas de creación de memes ou mediante a elaboración propia. Este texto poder tanto retranqueiro como reflexivo, animámoste a crear todo tipo de memes a cerca da preservación e revitalización das linguas.

Terceiro paso: gardar e partillar

Garda e partilla o teu meme nas redes socias (Twitter, Instagram, Facebook)

Cuarto paso: Agrega o Hashtag

Engade o Hashtag #MemaML xunto co da lingua que uses na imaxe (Exemplo: #Galego, #Cymraeg, #Euskera)

Nota: A promoción da diversidade lingüística en liña, significa ser capaz de comunicarse en calquera lingua que vostede elixa, sen ter que facer traducións dos contidos dixitais que elabore. Porén, se desexa chegar a un público máis amplo, pode facer unha tradución xeral do seu texto para as ideas que sexan máis difíciles de traducir literalmente ao inglés.

Quinto paso: Únete ao reto.

Busca e atopa outros usuarios que compartan os seus memes co hashtag #MemeML nas redes sociais e comenta e comparteos, ao igual que co hashtag corresponte á túa lingua.

Sexto paso:

Divírtete!

BUSCA OS TEUS EMBAIXADORES!

Atopa os activistas lingüísticos que participarán no reto dos memes en lingua materna e extende a súa invitación para que todo o mundo sepa deles.